Idioma: ES | GAL

  Eventos



Teatro Solidario a favor da Fundación Meniños

Un ano máis, Ourense acolle a representación teatral solidaria coa Fundación Meniños que organiza Metátese Teatro, coa colaboración do Teatro Principal e a Fundación CEO.

Este ano, a peza que se representará leva por título Variedades, e é unha creación colectiva, que será interpretada polo alumnado do IES Antón Losada da Estrada, da aula de teatro do IES de Melide, o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, Teiroa Teatro e Avelaíñas Teatro. A través dunha viaxe ao universo da creatividade, da fantasía e o humor xérase de forma coral este espectáculo que convida aos espectadores a reflexionar sobre a complexidade das relacións entre as persoas en diferentes etapas da súa experiencia vital: infancia, adolescencia e madurez.
A representación terá lugar o próximo 18 de febreiro no Teatro Principal de Ourense.
A primeira sesión, ás 12:00, está destinada a escolares. A segunda representación desenvolverase ás 20:30 para o público xeral.
O prezo das entradas é de 2 euros. Os cartos recadados destinaranse á Fundación Meniños, que desenvolve programas de atención familiar e sensibilización. A ONG entregará material informativo aos asistentes á representación para que poidan coñecer máis polo miúdo o traballo que realiza.


Noticias

Cargando

Suscríbete
Boletín
Socialia
¡Tu ONG cuenta!
Envíanos información

Agenda

mar 26 2017

Teatro Solidario a favor da Fundación Meniños
Un ano máis, Ourense acolle a representación teatral solidaria coa Fundación Meniños que organiza Metátese Teatro, coa colaboración do Teatro Principal e a Fundación CEO.




Síguenos en